Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 21 01 25


Listen Later

Investígase un posible axuste de contas relacionado co narcotráfico tras un suceso acontecido esta fin de semana en Vilanova no que se mistura un posible intento de estafa e un accidente de tráfico.
Un home veciño de Barcelona foi detido como suposto responsable no caso da veciña de Barro que descubriu que a súa exparella tentaba contratar a un sicario a través da internet escura “dark web” pagando 18.000 euros en bitcoins.
Un incendio urbano declarado esta madrugada nunha vivenda de dúas plantas ubicada en Pontearnelas, nas inmediacións da gasolinera, motivou o traslado de tres persoas ao Hospital do Salnés, afectadas por inhalación de fume.
Investígase un novo verquido contaminante rexistrado nas últimas horas no río Umia, na zona de O Piorno despóis da inversión realizada pola Xunta de Galicia por importe de 950.000 para acabar con este tipo de situacións.
A situación do libre marisqueo na ría de Arousa seguro que estará alomenos sobrevoando a reunión desta tarde en Santiago entre o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e os presidentes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e Federacións Provinciais. O encontro prodúcese horas despóis de que os patróns maiores da ría de Arousa volveran a clamar actuacións definitivas da Xunta.
A Xunta Local de Goberno de Vilagarcía vén de aprobar un plan de reparación de beirarrúas que se porá en marcha no casco urbano da vila de xeito inmediato cun orzamento de 48.000 euros.
O BNG de Vilagarcía denuncia o risco que supón o estado das obras que a Xunta de Galicia está a executar en Bamio para a construción da senda peonil que unirá Bamio con Carril.
A Illa de Arousa executará unha nova actuación de mellora no campo de futbol Salvador Otero cun investimento duns 100.000 euros que se financiará a través de fondos provinciais e un prazo de execución de dous meses.
Meis trasladará a Fitur a unha delegación encabezada pola alcaldesa Marta Giráldez cunha axenda propia na que manterán encontros con dous municipios asturianos que celebran, ao igual que Meis, a Festa dos Callos e a Feira Meus Viños.
Sanxenxo estará presente esta semana en Fitur dispoñendo, por quinto ano consecutivo, dun stand no espazo de Tur Galicia e promocionando os seus sendeiros azuis.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González