Vilagarcía inaugura esta tarde as Festas de Santa Rita nunha xornada marcada pola actuación da orquestra Panorama en Fexdega a partir das 22:30 horas.
A regularización do viño barrantes non será antes do ano 2027.Así o confirmou esta mañá o director Estación de Viticultura e Enoloxía, Juan Carlos Vázquez, durante unha visita ás instalacións da Conselleira do Medio Rural María José Gómez, acompañada do alcalde David Castro.
O Mosteiro de Armenteira foi este ano o lugar escollido pola Deputación para a celebración do Día Internacional do Té cunha cata-degustación dos diferentes tipos de té elaborados na estación do Areeiro como té verde, té vermello e té negro.
Vilagarcía destinará 90.000 euros dos fondos que lle corresponden no Plan +Provincia á ampliación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Muíños de Cea, en Carballido.
Cambados financiará a través do Plan +Provincia da Deputación Pontevedra as obras de asfaltado do camiño de Forniños, na parroquia de Corvillón cun investimento de 102.000 euros.
Sanxenxo executará de forma subsidiaria o derrube de catro edificios, tres con licencia caducada e un en ruina.
O PP de Vilagarcía solicita unha homenaxe polo 25 aniversario do falecemento do boxeador vilaxoanés Felipe Rodríguez, “Pantera”.