Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 21 05 26


Listen Later

A veciñanza da rúa Ameal, no lugar da Lagoa, en Sobrán, dispón a partir de hoxe dos servizos básicos de saneamento de residuais e abastecemento de auga potable tralas obras realizadas polo concello cun investimento de 86.000 euros.
A Illa de Arousa e O Grove recibirán 250.000 euros de fondos provinciais para realizar melloras nas súas instalacións deportivas ao abeiro do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.
A Illa de Arousa ultima a implantación da zona azul na praia da Area da Secada con tarifas de ata 4,50 euros para todo o día.
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, acudiu a Carril para para avaliar a situación do sector marisqueiro e urxiu un estudo para poñer en marcha
un ambicioso plan de rexeneración das rías.
Vilagarcía celebra mañá o día grande de Santa Rita con romaría popular, misas, postos de velas e rosquillas, as carpas de ‘pulpeiras’ e churrasco e a multitudinaria procesión.
Case unha trintena de establecementos de hostelería de Sanxenxo ofrecerán a partir de este venres as súas propostas gastronómicas no Concurso Sanxenxo Degusta Tapas.
Ribadumia habilita medidas de apoio á celebración do Torneo AF7 con entradas de balde para menores de 13 anos.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González