Actualidade local e comarcal deste mércores 22 de xaneiro..
Seguimos co predominio das baixas presións nunha xornada de ceos cubertos e chuvias febles e intermitentes.
As temperaturas baixan a mínimas de 11 graos e máximas de 16.
Segundo as previsións de Meteogalicia, mañá xoves as borrascas atlánticas darán unha pequena tregua pero regresarán a partir do venres para prolongarse durante a fin de semana.