A serie de roubos que se veñen rexistrando no Grove dende hai semanas, intensificados nos últimos días, está a provocar a alarma social e preocupación no goberno local. O grupo municipal de EU pide a reunión urxente da Xunta Local de Seguridade.
Preocupación entre algúns propietarios de parcelas do barrio das Carolinas, en Vilagarcía, ante a posibilidade de que as súas fincas poidan ser expropiadas polo Plan de Vivenda Pública da Xunta.
Alcaldes e responsables socialistas da comarca do Salnés e Ulla Umia visibilizaron esta mañá en Carril a súa oposición ao proxecto de Altri en Palas de Rei pola súa afección na ría de Arousa.
Portonovo Gastronómico, a idea creada polo Concello, colectivos e hostelería da localidade para ampliar a oferta da Festa da Raia, celebrarase do 2 ao 4 de maio coa participación de 19 establecementos hosteleiros.
A Feira Literaria ‘Vilagarcía, cidade de libro’ promete ser a "máis ambiciosa ata a data", tendo en conta algúns dos autores que estarán presentes, segundo o goberno local.
O grupo de teatro Alecrín conmemora o seu 25 aniversario cun ciclo de teatro que se representará no Auditorio Municipal de Ribadumia nas dúas vindeiras fins de semana, con entrada de balde.