Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 22 05 25


Listen Later

Unha nova rotura na rede de auga principal situada na avenida das Carolinas, á altura do hipermercado Alcampo, deixar sen subministro a unha parte de Vilagarcía.
Vilagarcía vive hoxe o día grande das Festas de Santa Rita nun festivo local marcado pola tradicional procesión da virxe, que este ano cambia de percorrido debido ás obras que se están a executar na rúa Conde Vallellano.
Ribadumia celebrará o 8 de xuño a Andaina Solidaria que, por segundo ano consecutivo, será en beneficio da asociación TDAH Salnés e cun percorrido de 9 kilómetros apto para todas as edades.
A contorna da Capela da Lanzada estrea un novo valado instalado polo concello a través dunha achega da Xunta de Galicia por importe de 30.000 euros.
Portos de Galicia e o Concello do Grove acordaron esta mañá revertir ao Estado para que posteriormente sexan de titularidade municipal á Praza do Corgo e inmediacións, a parcela do xulgado de paz e a Praza de don Jacobo.
A rúa Rubas, da Illa de Arousa, renovará o pavimento a través dun proxecto que o Concello executará mediante fondos do plan Máis Provincia por importe de 31.000 euros.
O paseo marítimo de Cambados está hoxe ocupado polo set de rodaxe da nova tempada da serie Clanes coa presencia de actores e figurantes .
Referencia importante para quen anda buscando coche: comeza en Amio , en Santiago, unha nova edicion do Vehículo de Ocasión.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González