Vilagarcía celebra hoxe o día grande de Santa Rita. Centos de persoas ateigan xa dende primeiras horas da mañá a contorna de Vista Alegre, entre misas, postos de velas e rosquillas e carpas de ‘pulpeiras’ e churrasco.
A avenida Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía, recupera definitivamente os dous sentidos da circulación rodada tralo remate das obras do tnque de tormentas.
Sanxenxo amplía este verán o servizo de bus urbano municipal ás parroquias de Dorrón e Bordóns cunha terceira liña e catro novas paradas.
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno destinar 870.000 euros do +Provincia e do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para os concellos da Illa de Arousa, Meis, O Grove e Valga.
O comité de empresa de Nestlé irá á folga indefinida a partir do 1 de xuño contra o ERE plantexado pola multinacional que contempla 27 despidos na fábrica de Pontecesures.
O CIM da Mancomunidade do Salnés reunirá o vindeiro martes a alcaldesas e concelleiras da comarca de todos os signos políticos nunha xornada de traballo baixo e lema “Mulleres que toman decisións”.
O Concelleiro de Festas do Concello de Cambados, Tino Cordal, anima a participar no concurso do cartel que servirá de imaxe á LXXIV Festa do Viño Albariño. A data límite do prazo de entrega será as 14 horas do venres 29 de maio.
Un incendio de madrugada en Vilagarcía calcina por completo un contedor dun camión no que se estaba cosntruíndo unha vivenda