Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 22 06 26


Listen Later

Nada máis entrar o verán, xa chega o San Xoan que, ademáis este ano é festivo autonómico o mércores. Concellos e colectivos ultiman os preparativos para a celebración da noite máis longa do ano con chamamentos á prevención e amplos dispositivos de vixiancia.
En Vilagarcía prenderanse 345 fogueiras autorizadas polo Concello, tanto a nivel particular como por parte de asociacións e colectivos, quince máis que o ano pasado.
En Sanxenxo, tramitáronse 207 permisos para a realización de fogueiras, unha cifra que supón un incremento respecto de edicións recentes coa previsión de asistencia de 2.669 persoas.
O BNG de Sanxenxo denuncia os "prexuízos" que está a provocar a reordenación do tráfico implantada polo goberno local na contorna do Paseo de Silgar.
As Concellerías de Igualdade e Cultura de Cambados duplican as prazas para os Campamentos de Verán gratuitos iniciados o pasado ano para facilitar a conciliación laboral das familias con crianzas de entre 3 e 12 anos.
A Mancomunidad do Salnés inicia unha viaxe institucional e turística a China para avanzar na desestacionalización turística nun mercado emisor con gran potencial como o turismo chinés.
Vilagarcía comeza a conta atrás para a romaría urbana Folk no Alobre, organizada pola asociación Pes de Barro en colaboración co Concello, que este ano chega a súa décima edición con cambio de data para o 5 de xullo.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González