O Concello do Grove ven de activar un Plan de Acción Inmediata con medidas urxentes para mellorar a seguridade e frear os actos delictivos.
Na Illa de Arousa estará esta tarde a presidenta da sociedade estatal Acuaes para supervisar cómo se van desenvolvendo os traballos da primeira fase da futura EDAR.
Mensaxe de tranquilidade da Xunta: a zona establecida no seu momento para a construcción de 350 vivendas públicas no barrio das Carolinas non é definitiva.
O grupo municipal do BNG de Sanxenxo denuncia as primeiras deficiencias trala reforma do Miradoiro da Peixeira.
Hoxe, Día do Libro, a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Vilagarcía celebra o seu primeiro aniversario superando os 68.000 visitantes, un 25% máis que o ano anterior.
O Auditorio Municipal de Meis acolleu a primeira xornada de difusión sobre as comunidades enerxéticas organizada pola Deputación de Pontevedra no marco da Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables.
A comisión de fiestas de San Gregorio de Paradela ten todo preparado para o inicio de catro días de celebracións que comezarán mañá xoves ás 21 horas cun acto litúrxico na capela de San Gregorio.