Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 24 02 26


Listen Later

Un home, de 50 anos de idade e veciño de San Clemente en Caldas de Reis, foi atopado sen vida esta pasada noite nunha zona de monte de difícil acceso no municipio de Caldas
Un grave incendio rexistrado esta madrugada na Rúa San Roque, en Vilagarcía, obrigou ao rescate dunha muller e ao confinamento de todas as persoas residentes no inmoble debido á elevada acumulación de gases.
O alumnado da gardería Trastes, 45 nenos e nenas, e as seis profesoras do centro tiveron que ser desaloxados esta mañá a consecuencia dun escape de gas rexistrado nas instalacións.
O CIM do Salnés aumentou en 2025 en máis dun 10% as atencións ás víctimas de violencia de xénero, segundo se puxo de manifesto na III Mesa Comarcal de Coordinación Interinstitucional nesta materia.
O sindicato CIG retoma as mobilizacións en demanda de melloras na atención primaria dos centros de saúde.
O Hospital do Salnés, primeiro centro sanitario público comarcal do Sergas en efectuar unha mastectomía endoscópica para tumores malignos de mama.
Vilagarcía aproba o proxecto de urbanización presentado por unha promotora privada para a parcela en Sobradelo, na que se asenta o antigo restaurante e hotel Chocolate, a pé da avenida de Cambados.
Catoira comeza as obras de reforma do centro social da parroquia de Oeste, construído en 1995 sen ningunha mellora posterior.
Os viños da D.O Rías Baixas, mantiveron a tendencia á alza das súas ventas durante 2025 cun incremento do 3% nas contraetiquetas expedidas.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González