Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 24 04 25


Listen Later

Feijóo anuncia dende a adega Paco & Lola, en Meaño, un plan de competitividade para a economía española que o PP presentará no Congreso dos Deputados como proposición non de lei.
O Concello de Vilagarcía executará a mellora do parque infantil de Matosinhos cun investimento duns 15.000 euros e abre a licitación do kiosko da praia Compostela.
As obras de construcción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais da Illa de Arousa, iniciadas o pasado novembro, avanzan segundo o previsto.
Ribadumia leva resoltas este ano arredor de 500 incidencias no municipio comunicadas a través do sistema de atención á cidadanía.
En Sanxenxo, o auditorio municipal Emilia Pardo Bazán acolle o vindeiro mércores a proxección do documental con motivo do 30 aniversario da escultura da Madama de Silgar.
A novena temporada da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía chega ao seu final este sábado coa actuación do virtuoso do piano Federico no Auditorio a partir das 20:30 horas
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González