Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 25 02 25


Listen Later

O Grove quedou en silencio este mediodía en lembranza de Andrés Rico. Unha numerosa representación da veciñanza, que vive tres días de loito decretados polo Concello, arroupou a familiares e amigos no acto convocado pola corporación municipal ante o Consistorio, cuxa praza quedou pequena para albergar a sentida homenaxe a un veciño apreciado na vila.
O Concello de Vilagarcía investirá preto de 5.000 euros na reparación da fachada da Sala Rivas Briones para evitar as filtracións.
Cambados conmemora este venres o Día Mundial das Enfermedades Raras mediante unha orixinal iniciativa impulsada por Merchi Alvarez, a presidenta da Fundación GaliciAme.
O Concello de Cambados celebrará o 8M incidindo de novo no ámbito educativo e tamén renderá unha homenaxe ás mulleres do mar.
En Ribadumia o programa de actividades do Día Internacional da Muller prestará especial atención ao cooperativismo feminino no rural.
Sanxenxo levará ao Pleno Extraordinario deste venres ás 8:30 horas o novo prego da recollida de lixo, limpeza viaria e praias por importe de 4,4 millóns ao ano.
A comarca do Salnés, gañadora na categoría de mellor destino Pet Friendly dentro dos prestixiosos Premios TravelGuau 2024.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González