Detido en Ribadumia un home duns 30 anos acusado de actividades vinculadas ao yihadismo. A investigación apunta a que difundía e consumía material violento por internet con contido de carácter terrorista.
Vilagarcía distribúe 10.000 dípticos entre o 80% da veciñanza nunha campaña para mellorar a separación de resíduos nos "comelixos".
O Instituto Asorey de Cambados estrea iluminación eficiente tras unha actuación de cambio de luminarias con detector de fluxo executada pola Xunta de Galicia por importe duns 30.000 euros.
O Salnés é a comarca da provincia na que máis farmacias están a funcionar como puntos violeta contra a violencia machista cun total de 12.
O CIM do Salnés centra este ano o 8M no papel das mestras como raíz da igualdade.
Sanxenxo conmemora o Día Internacional da Muller con Contacontos pola Igualdade e a figura de Mari Luz Morales, "a gran señora da prensa".
Ribadumia realizou 16 intervencións en colonias felinas do municipio durante o pasado ano.
Vilagarcía e a Confraría do Carril impulsan un proxecto conxunto ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que ten por obxectivo poñer en valor ás "Mulleres que conservan".
Cambados organiza un faladoiro dirixido a familias e profesorado sobre o uso saudable da tecnoloxía na rapazada baixo o título de "Antes de compartir, pensa"