Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 26 02 26


Listen Later

O Sergas denuncia o último episodio de violencia externa sufrido por parte de profesionais do Hospital Comarcal de O Salnés no seu servizo de Urxencias.
Dúas persoas resultaron ilesas tras incendiarse en Godos o vehículo no que viaxaban esta mañá cando se dirixían ao seu traballo.
Vilagarcía celebra a sesión plenaria de febreiro na que se aprobarán as tarifas definitivas para o aparcamento público de Xoan XXIII e abordarase a moción do PP sobre a necesidade dunha auditoría das infraestructuras deportivas.
Meis aumentará, a través da Deputación de Pontevedra, as infraestructuras deportivas do municipio cunha pista de pádel e outra de picklebal na contorna do pavillón.
A VI Gala de meisinas e meisinos do ano será o sábado 14 de marzo e recoñecerá o labor de sete veciños e veciñas a prol do municipio.
Cambados incluirá na súa programación do Día Internacional da Muller unha Andaina Solidaria a favor da asociación Esmar contra a violencia de xénero o domingo 8 de marzo.
Ribadumia revindica este ano nas actividades do 8 de Marzo o papel das mestras como peza fundamental no ensino en igualdade.
Especialistas en matemáticas da Bretaña francesa visitan o CPI Domingo Fontán de Portas para coñecer a súa metodoloxía.
Cambados organiza en marco un ciclo de teatro infantil e familiar con funcións cada domingo ás 18 horas.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González