Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 26 05 25


Listen Later

A Avenida Juan Carlos I de Vilagarcía queda pechada ao tráfico hoxe e mañá polas ofras de asfaltado que executa o Ministerio de Transportes.
Comeza a tramitación do proxecto de humanización da rúa Vilaboa, en Sobradelo, e o súa contorna co inicio da licitación por un importe base de 400.000 euros cun prazo de execución de seis meses.
O Partido Popular de Vilagarcía amosa a súa preocupación pola posible responsabilidade patrimonial que tería que asumir Vilagarcía ante o incumplimento da sentenza sobre o convenio urbanístico de Lantero.
O PP de Cambados reclama ao goberno local, a través dunha moción que defenderá no pleno deste xoves, o desenvolvemento de solos urbanizables na localidade.
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denuncia, dende a Illa de Arousa, "a inacción da Xunta fronte ao deterioro da ría" e pon en valor "o compromiso dos gobernos socialistas coa vivenda pública e a xustiza social".
Sanxenxo organiza por primeira vez unha Mostra internacional de Cinema que se desenvolverá no auditorio Emilia Pardo Bazán do 26 ao 29 de xuño con entradas a prezo simbólico.
A Deputación de Pontevedra estrea este venres no colexio Arealonga de Vilagarcía o novo programa provincial +Convivir Peques dirixido ás familias da provincia.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González