A Deputación de Pontevedra leva investidos no último ano e medio nas comarcas do Salnés, Caldas e Ulla Umia máis de 30 millóns de euros en investimentos a través de programas como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ou o PON2030. O presidente Luis López fixo hoxe balance nun almorzo informativo en Vilagarcía.
En Sanxenxo, a finca das Cunchas, en litixio dende hai anos por parte da familia Rocafort, xa é de titularidade municipal. O alcalde Telmo Martín anunciou que a administración municipal acabou de pagar o pasado mes de outubro os 13 millóns de euros exixidos nunha sentencia que dí non compartir e que inclúe os 1.200 metros cadrados de viais que xa eran públicos.
Os Mozos de Arousa darán as Badaladas en Vilagarcía na Festa das Uvas nunha proposta realizada polo alcalde que foi inmediatamente aceptada polos mozos.
A reforma e humanización da avenida Conde de Vallellano deu un paso máis coa apertura das plicas presentadas á licitación. Quince empresasoptan a executar un proxecto que está valorado en 630.000 euros.
O Concello de Ribadumia convoca o segundo Concurso de Carrozas de Nadal que acompañarán aos Magos de Oriente na Cabalgata.