Vilagarcía está a efectuar os primeiros traballos de revisión do areal da Concha -Compostela para evitar que volva a proliferar a planta do cadillo.
Cambados pechou esta mañá o Ano Asorey coa entrega dos premios do concurso escolar Reinterpretando a Asorey, dotado con 3.150 euros e diversos lotes de libros.
Cambados será, previsiblemente, a nova ubicación do Festival O Son do Mar
Segundo confirman fontes do Concello, xa está asinado un acordo para a celebración do Festival O Son do Mar no Pombal do 24 ao 26 de xullo, é dicir, nos días previos á Festa do Albariño.
Os parques de bombeiros de Vilagarcía e Ribadumia recibirán entre seis e oito efectivos máis, en base ao primeiro convenio colectivo provincial do servizo aprobado polo Consorcio contra Incendios.
A Mancomunidade do Salnés sae moi ben parada do informe de fiscalización realizado polo Consello de Contas de Galicia sobre as 34 mancomunidades existentes.
Malabares ata cando?, a campaña da Deputación de Pontevedra para conmemorar o 8M con preto dunha vintena de accións que se desenvolverán ao longo de todo o mes de marzo.
A comunidade educativa do Instituto de Vilalonga concentrouse este mediodía ás portas do centro en repulsa pola agresión no pavillón da localidade que acabou coa vida do veciño do Grove Andrés Rico.