Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 27 05 25


Listen Later

Últimos datos da operación antidroga desplegada a pasada semana en Vilanova que desartellou unha rede de tráfico de estupefacientes polo miudo. Foron detidos tres veciños da localidade, con antecedentes policiais, acusados dun supuesto delito de tráfico de drogas e outro por pertenza a grupo criminal.
O subdelegado do goberno, Abel Losada, avanza en Vilagarcía o compromiso de continuar co reasfaltado da N-640 na medida que vaia habendo o orzamento necesario.
Losada e o alcalde Alberto Varela supervisaron as obras na avenida Juan Carlos I, que, se non xurden imprevistos, reabrirase ao tráfico nas vindeiras horas.
Cambados ve cumplida unha demanda de hai anos. A Consellería de Sanidade asumirá a xestión do centro de saúde trala caducidade da concesión portuaria onde se ubica, que vence o vindeiro 28 de xuño.
Técnicos de emerxencias sanitarias do 061 e o BNG inician en Vilagarcía unha recollida de sinaturas para reclamar ao Sergas unha segunda ambulancia medicalizada no Salnés, ante o traslado da existente a Sanxenxo durante os veráns.
O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, fixo balance do ecuador do mandato na Deputación denunciando a “forte inestabilidade que padecen os concellos de Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove e A Illa de Arousa, así como outros 12 termos da provincia, debido aos pactos entre BNG e PSOE".
Continúa a busca do paradoiro da Cruz de Xiabre, arrancada a pasada fin de semana nun acto vandálico que o Concello de Vilagarcía condenou con dureza.
A Garda Civil investiga unha agresión cun machete rexistrada este luns en Vilanova na que resultou ferido un veciño de Vilagarcía de 34 anos.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González