Un veciño de Cambados de 52 años faleceu esta madrugada cuando traballaba no desmontaxe dun escenario da orquestra Marbella no Entroido de Verín.
Un aparatoso accidente rexistrouse a primeiras horas desta mañá na estrada PO-531 ao seu paso pola parroquia de Curro, en Barro, sen provocar, afortunadamente, feridos graves.
O alcalde de Vilagarcía Alberto Varela asegura que o Concello non posúe ningún proxecto sobre a Estación Intermodal trasladado pola Xunta de Galicia e tan só dispón dun borrador entregado pola daquela Conselleira de Infraestructuras Ethel Vázquez no 2021.
A programación de Vilagarcía para o 8M inclúe este ano un ciclo cinematográfico en feminino, coa proxección, en colaboración co cineblub Adega, de tres películas dirixidas por mulleres, todas elas con entrada de balde.
O Concello de Sanxenxo someteu este venres á aprobación do pleno en sesión urxente un Plan de Actuación Integral no que, xunto ao Concello de Poio, concorre a unha achega europea de 8,1 millóns de euros.
A nova aula de Capacitación Dixital de Cambados, situada na Casa da Cultura de Vilariño, logrou a máxima puntuación da achega concedida polo Ministerio de Educación cun total de 24.500 euros para a formación de 100 persoas en competencias dixitais.
En Meis, a rúa da Igrexa, ubicada ao carón da Praza de España no Mosteiro, será de sentido único cando quede rematada a humanización proxectada polo Concello a través do Plan Extraordiario da Deputación cun investimento de 480.000 euros.
A Variante Espiritual do Camiño Portugués acolle esta fin de semana “O Camiño Perregrino”, unha iniciativa que reflexa o crecente interés do turismo petfriendly no Salnés.
O grupo parlamentario socialista lamenta o voto en contra do PP á proposta levada hoxe á Comisión Institucional do Parlamento en demanda dun local “digno” para a sede de Protección Civil de Ribadumia.