Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 28 05 25


Listen Later

Vilagarcía lanza o programa Vilagarcía 100% destinado únicamente ás persoas residentes no municipio para que coñezan de preto o seu patrinomio natural e se convertan en prescriptores do mesmo.
O alcalde de Cambados, Samuel Lago, reúnese co Conselleiro de Comercio para concretar a posible financiación autonómica do proxecto da praza de abastos, unha vez aprobado o Plan Especial de Portos.
A Festa do Albariño reforza a súa proposta musical cun "cartel inédito" de música urbana. DEI V, Brytiago e Yan Block actuarán o 1 de agosto na Praza de Fefiñáns na súa única data exclusiva en Galicia.
O Concello de Ribadumia e a Deputación asinan un convenio de colaboración para a mellora do campo de futbol de A Bouza e o pavillón por importe de un millón de euros do Plan Extra.
En Meis, a Xunta de Goberno provincial aprobará este venres unha achega de preto de 72.000 euros para a mellora de camiños municipais con recursos procedentes do Plan +Provincia.
Sanxenxo seleccionará aos 30 auxiliares de Policía Local que prestarán servizo este verán a través dunha bolsa de emprego.
Vilanova celebrará o 1 de xuño a IX Andaina Solidaria a prol do pobo palestino
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González