Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 29 01 25


Listen Later

Nova xornada de temporal... A borrasca Ivo entrou con forza nas primeiras horas do día, amainando xa co avance da mañá. Tralo paso da fronte entra o norte con aire frío que nos deixa chuvascos localmente tormentosos acompañados de saraiba.
Dentro das nosas comarcas o vento acada rachas de ata 70 kms hora e a cidade de Pontevedra é a que rexistra máis incidentes, cun total de 29, como a caída dunha árbore que causou danos na cristaleira dunha lavandaría ou o desprendemento dun gálibo nunha rúa urbana.
En Vilagarcía de Arousa, na rúa Preguntoiro, o máis significativo foi un vehículo que perdeu o control e impactou contra un muro sen ocasionar feridos.
Folga do sector do taxi que en Pontevedra e Vilagarcía sumouse esta mañá ás mobilizacións convocadas en toda España cun paro de tres horas en contra dos aumentos das pólizas dos seus seguros, que en ocasións chegan aos 4.000 euros cando antes non superaban os 1.000.
Vilagarcía proxecta a reforma das Pistas de Atletismo de Fontecarmoa para recuperar a súa homologación, cun investimento de 164.000 euros a través do Plan de Infraestructruas Deportivas da Deputación.
Sanxenxo abre a primeira Oficina de Asesoramento para Inmigrantes no Salnés, ubicada na sede de Servizos Sociais, en Portonovo, O servizo xa ten axendada a atención a 24 persoas ao longo dos próximos tres meses.
A concesionaria do servizo de auga do Concello da A Illa de Arousa, Espina & Delfín, opta a unha achega do Ministero de Transición Ecolóxica de 460.000 euros cun proxecto para mellora e a eficiencia do ciclo urbano da auga.
O Coronel da Garda Civil Manuel Touceda é dende agora o novo máximo responsable da Comandancia de Pontevedra en sustitución de Simón Venzal, que pasou á reserva o pasado ano.
O Concello de Ribadumia retomará no mes de febreiro as clases de informática para menores e e persoas adultas na Casa de Cultura, incluídas na programación de actividades municipais 2024-2025.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González