Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 29 06 29


Listen Later

Sigue o seu curso, trala reconstrucción dos feitos, a investigación do atropelo mortal rexistrado o pasado mes de abril na zona do Vao, en Pontevedra, no que morreu un home de 48 anos.
A plantilla da oficina de Correos en Vilagarcía inicia mobilizacións, convocadas por CCOO, para denunciar a falta de contratación e a política de recortes que ven aplicando a dirección.
Un total de cento trinta persoas dependentes de Vilagarcía recibiron asistencia a través do Servizo de Axuda no Fogar en 2025.
O Paseo de Silgar, en Sanxenxo, listo para iniciar a tempada alta de verán coas últimas intervencións executadas polo concello que quedarán rematadas por completo a principios desta semana.
O Grove comeza a prohibir o estacionamento de vehículos de máis de tres toneladas, entre eles autocaravanas, en diversas praias do municipios, como Area das Pipas e Area de Reboredo.
Esquerda Unida do Grove volve preguntar ao goberno local pola situación das obras de remodelación da rúa dos Hortos, comprometida coa súa formación e que continúa sen iniciarse malia ter sido licitada ata en dúas ocasións.
Costas do Estado retira os restos dos dos dous barcos que levaban anos abandonados no litoral do Esteiro, en Vilanova, provocando riscos medioambientais.
O BNG de Meaño denuncia o incumprimento da ratio de educadoras na Escola Infantil Municipal debido á non cobertura das baixas laborais.
Ribadumia realiza a segunda rolda de traballos de rozas e limpeza viaria nas distintas parroquias do municipio
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González