Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 30 01 25


Listen Later

A Fundación Acción contra el Hambre, coñecida polas súas iniciativas en Vilagarcía cara a empregabilidade das persoas máis vulnerables, extende agora o seu ámbito aos Concellos de Meis e Ribadumia para crear as primeiras Escolas Inclusivas na comarca.
Regresa o Ciclo de Concertos Matutinos Achégate ao Salón con citas nos meses de febreiro, marzo e abril e coas actuacións de Quique González & Toni Brunet, Tulsa e Escuchando Elefantes.
O grupo socialista de Ribadumia insta á Xunta de Galicia e ao goberno local a asumir a construción dunha nova sede para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil
O Comité Antifraude reunido esta semana baixo a presidencia do alcalde Telmo Martín aprobou a memoria de actuacións en 2023 con ningunha denuncia.
O Hospital Montecelo ten programada para este xoves 30 de xaneiro a primeira doazón de órganos con asistolia controlada da súa historia.
A folga convocada na fábrica de Ence en Pontevedra está a rexistrar un seguimento masivo desde o seu inicio ás 00.00 horas deste xoves.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González