Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 31 03 25


Listen Later

Co aumento das temperaturas chegan os incendios forestais, ainda que afortunadamente en pequena escala. O servizo de Emerxencias de Vilagarcía tivo que intervir esta mañá na extinción dun pequeno lume declarado na contorna do polígono de Bamio.
A corporación municipal de Sanxenxo aprobou hoxe en pleno o orzamento municipal para este ano, por valor de 41 millóns de euros. O documento contou coa abstención do BNG por considerar que as contas volven deixar fóra actuacións de gran calado e non contemplan grandes investimentos no rural.
Vilanova aprobará esta noite en pleno o informe de intervención sobre a liquidación da conta do exercicio de 2024. Cifras económicas que, segundo avanzaba o alcalde Gonzalo Durán, sitúan a Vilanova na mellor situación financeira dos últimos 50 anos.
A Xunta Local de Goberno de Vilagarcía aprobou hoxe as dúas primeiras actuacións do Plan Municipal de Asfaltados deste ano, na rúa Fontecarmoa e na travesía Rosalía de Castro, en Carril, cun investimento de 110.000 euros, financiados a través do Plan Máis Provincia.
O Concello de Vilagarcía procedeu hoxe á retirada do segundo piñeiro de gran porte ubicado no parque da praia Compostela que, ao igual que no primeiro caso, o goberno municipal decidiu talar debido ao seu estado.
Na Illa de Arousa, as obras de renovación das rúas Sor Aurora e Cruceiro rematan a primeira fase. A partir de hoxe queda aberta á circulación a Rúa Cruceiro e os traballos continuarán por tramos para non entorpecer as celebracións de Semana Santa.
Ribadumia iniciou a mellora dun tramo da rua Piñeirón, na parroquia de Leiro, que contempla a reonovación do firme e a solución dos problemas de drenaxe existentes.
Os centros de Educación Primaria comezan a recibir o milleiro de exemplares do conto “As mulleres do Mar” editado pola Concellería de Igualdade como parte do programa do 8M.
A Deputación de Pontevedra foi elexida finalista no International Tourism Film Festival Africa 2025 polo audiovisual da campaña Cando volves?.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González