Mulleres invisibles. Amas de casa, prostitutas e redeiras.
Entrevistamos a Vitusa, secretaria da asociación de amas de casa Agarimo, que recibiron o premio de vigueses distinguidos da man do alcalde este ano. Totalmente merecido polo seu labor ao longo de máis de vinte anos.
Tamén falamos con Noemi Chantada, nominada pola súa obra La mujer invisible nos Mestre Mateo, un retrato veraz e real da prostitución e as mulleres que se ven na obriga de practicala.
Achegamos ata o porto de Vigo para felicitar a Henry Robusto polo seu corto "Puntada Invisible", sobre as mulleres redeiras. É o primeiro corto español que gaña o Certame Internacional da Asociación Internacional de las Mujeres en el Sector de la Pesca.