Conversamos con Anaír Rodríguez, editora en Xerais, e agora tamén escritora, trala publicación dun fermoso libro ilustrado chamado Pioneiras, onde recolle a todas esas mulleres galegas que foron as primeiras en dar un paso adiante nalgunha disciplina.
Tamén falamos vía telefónica con Susana Pedreira, xornalista ubicada en Pontevedra, e unha das impulsoras das xornadas "As mulleres que opinan son perigosas". Unha cita recomendable na Boa Vila.
E rematamos tertulia con Cris, do colectivo Galegas 8M.