Imos falar de xestión cultural con dúas veciñas, unha de Valladares e outra de Beade, que levan xa moitos anos no mundo da comunicación e mais da cultura.
Beatriz Fontán, que foi manager de Berrogüetto, lanzouse agora co seu proxecto de naming "Será por Nombres".
E Marián Fernández, da Cooperativa Cultural o Cable Inglés, esbozou o panorama actual e futuro da industria cultural galega.