Hoxe comezamos unha singladura radiofónica que nos levará a percorrer Galicia de Norte a Sur recalando nas distintas illas.
Da man de Hugo Lage, de Bugina Turismo, viaxamos hoxe cara ao norte, até Ribadeo, e recalamos na Illa Pancha, que ten a curiosidade de contar con dous faros. Con Hugo Lage coñecemos as singularidades da illa e da súa contorna, e amais contamos coa participación de Guido Guía convidándonos a coñecer a Mariña Lucense.
Cada mércores embarcarémonos neste tempo de radio para navegar polas illas galegas.