Imos falar da Marcha "andar e correr" con Aspanaex. Alguén se vai achegar a adicar unha canción… atentos, que igual é para vós!!!
Damos unha voltiña polas romerías: os milagres de Amil, o Nazareno na Pobra do Caramiñal, a Guadalupe en Rianxo, a pasar pola pedra dos cadrís en Muxía… Aquí detémonos e contamos unha e mil veces a lenda da pedra de abalar e descubrimos outra milenaria tamén, a da "sala do perello".
E recordamos a B. B. King, rei do blues e espello para outros guitarristas. Hai 20 anos, nos albores do ano 2000, daba concerto en Ourense nas celebracións dun Xacobeo. Hoxe cumpliría 94 anos.