Cumprindo a cita quincenal, volve Atlantis Stelae, desta volta sen Marcelo Saforess, que non puido participar por causas persoais pero cheos de contidos:
Coma sempre, Germán Valcarce tróuxonos o resumo de feitos que sucederon na semana; ademais, desta volta, o noso historiador quixo falarnos da curiosa maldición que sufriron os Estados Unidos, concretamente, aqueles presidentes que escomezaban o seu mandato nos anos que remataban en 0.
Jonatan Barral trouxonos unha serie de noticias relacionadas co espazo.
Finalmente queremos agradecer a participación no programa desta semana a David Leiro, que compartiu connosco parte do programa, e a Iria Piñeiro que, ademais de manterse na ponte de mando, tamén achegou o seu gran de area.