RADIO NOVA emitiu no seu Boletín Informativo Local, momentos antes do informativo das 14 horas, unha información facilitada pola Alcaldía do Concello de Ponte Caldelas relativa á visita dun grupo de escolares do instituto á Área Arqueolóxica de Tourón onde tamén se recorda a vocación de conservación e posta en valor desta mostra única da arte rupestre. Na nota o Concello de Ponte Caldelas lémbralle á Xunta o seu deber de colaborar na súa conservación.