
Sign up to save your podcasts
Or


Chegou o momento. Presentamos o derradeiro programa do Café Derby 21 e nesta ocasión somos os nosos propios convidados. Contamos con algunhas das vosas preguntas e tamén nos sinceramos sobre algúns aspectos dos que quizais quedaba algunha dúbida. Pero todo se resume nesta última hora de conversa con Adrián, Carme e Nico parolando sobre 👋A DESPEDIDA👋 con anécdotas, recordos e consellos.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙
Chegamos ao noso último programa con convidado, xa que esta temporada remataremos dun xeito distinto. E, como xa sabedes, tamén ao final do podcast. Lembrade que celebraremos un derradeiro Café Derby 21 o xoves 27 de xuño, ás 19:30 horas no Riquela Club, en Santiago de Compostela.
Como somos moi de pechar ciclos con significado, quixemos contar co padriño do noso podcast para darlle final. O escritor Xacobe Pato pasou polos nosos micros hai 4 anos e volve agora para falar do 👀FUTURO👀, non tanto como ciencia ficción, senón como as proxeccións, o medo ao futuro ou a idealización do futuro.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙
No noso novo programa subímonos ao escenario e poñémonos dramáticos para tratar os grandes temas da vida e... falar de Manuel Fraga. En concreto, de Iribarne, a obra de teatro que está dando a volta a Galicia, esgotando entradas alí onde vai e converténdose en todo un fenómeno popular. Para parolar sobre 🎭O TEATRO🎭 contamos coa actriz Lidia Veiga, tamén coñecida como integrante do podcast Exército Mekemeke.
Xunto a ela falamos da figura cultural, histórica e popular de Manuel Fraga, das nosas memorias fraguistas, das miles de placas co seu nome e despois pasámonos ao plano existencial: calma, ansiedade, infancia, consumo de cultura... Unha terapia común!
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💙
Son moitas as persoas que pedían este momento e por fin podemos confirmar que se fixo real: Fillas de Cassandra no Café Derby 21! Atopámonos co dúo galego logo do seu masivo concerto en Santiago de Compostela ante miles de persoas. Aínda con folgos, tiveron todo o ánimo para falar sobre 🔙O PASADO🔙.
Con Fillas de Cassandra parolamos das herdanzas e o que queremos legar, de tataravoas, de vivir no presente e non deixarse levar por recordos sesgados ou das músicas de onte e máis atrás, entre outros moitos temas.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙
Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ❤️O AMOR❤️. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore, amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de Vilalba como parte da programación do FIV.
A partir da carta á cidadanía de Pedro Sánchez, a declaración de Bárbara Rey a Chelo García-Cortés en 'Sálvame' e o mítico audio de Laura Escanes (supostamente) acabando cunha relación, con todo isto, damos forma a un programa sobre o amor, bicarse, declararse, infidelidades e moito máis.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙
Pode parecer que traballamos sen escaleta e sen texto preparado, pero iso non é de todo certo. Levamos anos deixando oco ao incerto e a que todo aconteza, polo que desenvolvimos unhas certas habilidades. Por iso, neste programa xuntámonos coa actriz, presentadora e cómica Lucía Veiga para 💥IMPROVISAR💥 e falar de humor, da vida e de ligar.
Logo de gañar dous Mestre Mateo, Lucía Veiga chega ao noso podcast para afondar nos misterios da risa, poñer en valor a importancia da improvisación para saír adiante e deixar consellos sobre como improvisar en entrevistas de traballo ou infidelidades.
·
Co apoio inestimable de Deleite e o traballo de edición de Xoán Bregua💙
Logo de varias semanas de incógnitas, nos últimos días moitos misterios foron desveleados, algúns positivos e outros non tanto. Para achegarnos á máxima actualidade no campo da investigación e resolución de incógnitas, neste programa contamos coa escritora e dama da novela negra, Arantza Portabales.
Xunto a ela repasamos cuestións tan variadas como a paixón polo misterio, os nosos asasinos e detectives favoritos, os elementos para unha boa novela negra, misterios actuais como o de Kate Middleton e esa crise de comunicación, ou as motivacións para matar, desde o persoal ata o profesional.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙
Que ninguén se deixe enganar polo título deste programa! Xa se tratou abondo a nostalxia e os recordos, por iso quixemos darlle un ollar diferente á materia. Para facelo con motivo e con consello experto, neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias, finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut 'Os espazos en branco'. Neste documental, Bruno achégase á figura da súa tía, Xela Arias, dun xeito íntimo e persoal. Efectivamente, imos falar da 💭MEMORIA💭.
Para non poñernos puristas e densos, parolamos sobre o persoal, os primeiros recordos, as mortes de familiares influíntes, momentos históricos e onde estabamos, cambios de papas, o 11S, a construción de recordos ou as cámaras analóxicas.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙
Saúde para todxs! Esta semana propoñemos un brinde para nós por sacar a diante unhas semanas raras e continuar como se nada. Por iso, quixemos contar coa opinión dunha experta na comedia, na arte de vivir e dos lugares onde se brindan. Dámoslle a benvida a Leti da Taberna para parolar sobre 🍺OS BARES🍺.
Xunto a ela repasamos a nosa traxectoria vital de bares, tabernas e recunchos, historias arredor dos bares, o novo conflicto da Hortelería e os seus bares fabricados en cadea sen personalidade, as casas de comidas tradicionais, a importancia da taberna no núcleo rural e os nosos bares de favoritos na cultura, como Los Serrano, Pratos Combinados ou Seinfeld.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
ÚLTIMA HORA: Galicia vai a eleccións o #18F. Aínda non sabías nada disto? Quizais eras a última persoa do país. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no Café Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador político e director de Ou Ké!, Iván Iglesias para parolar sobre 🗳️ AS ELECCIÓNS 🗳️, pero as de todos tipos.
O equipo de Ou Ké! está cubrindo a campaña e as semanas previas ás eleccións galegas, por iso xuntámonos con Iván Iglesias para coñecer a importancia de Ourense nestes comicios, as posibilidades de goberno alternativo de esquerdas ou os candidatos, ademais de facer as nosas porras e quinielas. Ademais tamén tratamos as outras
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
From the publisher's feed

402 Listeners

34 Listeners

67 Listeners

11 Listeners

0 Listeners