Francisco Couselo entrevistou en CASTELLANO ao presidente da Real Federación Española de Caza, Ángel López Maraver, e a Luis Sánchez Mancebo, presidente da Sociedade Deportiva Río Sar para coñecer o que deu de si o Campionato de España de Percorridos de Caza celebrado en Trazo (Santiago de Compostela). O Campionato tivo unha alta participación con 369 tiradores e gozou dunha extraordinaria organización o que anima a seguir apostando por este lugar como sede dun posible torneo de ámbito internacional.