Cando somos piquirrichiños, uns bebés, adormécemos coas nanas. Ademáis do "ea ea ea", temos un catálogo de cantos de berce galegos: “Tecendo soños” da artista de Noia, Esperanza Mara.
Se queremos aprender a cantalos, hai obradoiros dentro do programa "Vigo Arrólate". Conversamos coa mestra de pandeireta e canto tradicional, Margot.
Os gañadores dos XIX premios Maketón os comentamos con Germán Son, que tamén nos canta unha nana de Fuxan os Ventos e, de paso, aproveitamos para escoitar a última canción súa que subiu ó youtube "O son que che peta".