"Non ter onde caerse morto" ... en Valladares iso non debería pasar, para iso se creou o ceminterio particular hai 25 anos, cando faltaban nichos na parroquia. E comparado con outros lugares fanse os enterros arranxadiños de precio. Entre 3000 e 5000 euros. Paula, a secretaria, cóntanos mais particularidades.
Cine Mari, quen o acorda? Salón das Rosas, tamén se lle chamaba a un destes cines de barrio por este lado do Alba. Ben, pois a coral fixo a súa presentación xustamente ahí. Moito foron cambiando os escenarios onde soaron as súas voces. Este sábado actúan na Gala Lírica no Teatro García Barbón, acompañados dunha sección musical da banda, solistas e mais pianista.