Cercaronme as ondas

Cercaronme as ondas

By RQREducation
Download on the App Store

Cercaronme as ondas episodes

  • Entrevista Marta Rodríguez, segundo premio dos Premios Literarios Minerva
    A nosa alumna Marta Rodríguez Domínguez, de 4º ESO, vén de acadar o segundo premio na modalidade narración, pola súa obra "Escintileos ao a mencer", nos Premios Literarios Minerva. Este concurso literario está convocado polo prestixioso Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e nel os alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia presentan os seus textos, coa condición de seren orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua no ámbito educativo e a impulsar a literatura entre os mozos. O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos premiados, chamados a garantir o futuro das nosas letras. “O nivel dos traballos premiados é unha boa mostra da puxanza e da forza deste talento novo que, coma sempre, agardamos que se sume á ampla relación de autores e autoras xa recoñecidos que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío Xoán Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo, Ismael Ramos ou Alba Guzmán, entre tantos autores e autoras xa imprescindibles das nosas letras”, sinalou o secretario do certame. 
    A entrega de premios tivo lugar o 3 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Os autores premiados leron unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos. O volume será editado polo Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, a web do IES Mendiño.

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    11 min
  • A palabra das gañadoras: alumnado que nos inspiran cos seus relatos
    Acollemos neste episodio alumnas gañadoras de concursos literarios neste curso académico 2024-2025.
    Parabéns a todas elas. Compartimos estes minutos co alumno Noa Lago Rodríguez, de 3º ESO, que gañou o concurso de narrativa Exeria. Tamén contamos con Zahira Bouzón Cardesín, de 4º ESO, quen gañou o XI Certame de Relato Curto, organizado pola Federación de ANPAS da provincia de Pontevedra. Participa tamén outra alumna de 3º ESO, Leire Pena Fernández, que foi dobre gañadora, xa que gañou o Concurso da Reboirana, organizado polo CEIP Plurilingüe de Reboreda, así como o de Relato Curto da Federación de ANPAS da provincia de Pontevedra. Finalmente, completa a mesa redonda, onda a profesora Teresa Monteagudo, coordinadora de EDL do IES Mendiño, a nosa alumna de 2º ESO Ana Lago Parada, de 2º ESO, que tamén obtivo un premio no Certame de Relatos Curtos das ANPAS de Pontevedra.
    Este alumnado permítenos reflexionar sobre o seu método de traballo, de cales son os seus referentes literarios, como se inspiraron para faceren os seus relatos e, sobre todo, como se senten despois de ser gañadores destes premios literarios. E moito máis, neste episodio de Cercáronme as Ondas.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, a web do IES Mendiño.

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    22 min
  • Entrevista a alumnado Erasmus da USC. Unha semaniña enteira
    A semaniña enteira arrincou no IES Mendiño xa este venres 14 de febreiro: toda unha declaración de amor á lingua. E fíxoo acollendo a tres alumnos Erasmus da USC, que nos viñeron falar do galego. Así, como o ledes. Levan aquí só cinco meses mais xa falan galego con total corrección (algúns) e outros, que aínda non o dominan tanto, non nos impresionaron tanto coa súa dicción, mais souberon trasnmitirnos a importancia de manter unha lingua viva. E dínnolo alumnos de lugares onde xa perderon a súa (o caso do alsaciano) ou están a piques de perdela (o caso do napolitano). No programa de hoxe, Érika e Ismael, de 2º de Bacharelato, conversan con Sara (coordinadora Erasmus da USC), Sean (da Universidade de Montana, EEUU), Ciro (de Nápoles, Italia) e Chimène (de Alsacia, Francia).

    Podes consutar máis información e a web do podcast na páxina do IES Mendiño.

    CRÉDITOS:
    • Sintonía:The following music was used for this media project:
      • Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
        Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
        License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
        Artist website: https://incompetech.com
    12 min
  • Entrevista a Roberto Samartim
    Non todos os días recibimos no centro a un escritor. No programa de hoxe, entrevistamos ao redondelán Roberto Samartim, que veu ao Mendiño convidado polo noso Club de Lectura, e co que puidemos conversar sobre "O livro do dragom", o seu primeiro poemario, recén saído do prelo.
    Nunha moi agradable sesión, resaltamos unha das frases do autor despois da participación do alumnado. El, antigo antigo do IES Mendiño comenteu: !Neste centro non fun tan feliz coma agora, neste momento. É iso que non foron anos malos".

    Podes consutar máis información e a web do podcast na páxina do iesmendinho.

    CRÉDITOS:
    • Sintonía:The following music was used for this media project:
      • Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
        Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
        License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
        Artist website: https://incompetech.com
    16 min
  • Entrevista a Xandre Vázquez, propietario e director do Circo Pinocho
    Velaquí a nosa primeira entrevista do curso 2024/25. Pola nosa emisora pasou Xandre Vázquez, artista redondelán que nas últimas semanas nos acompaña a carón do noso centro co Circo Pinocho, do que é director e propietario. Se queredes saber máis da súa traxectoria e aventura empresarial, dádelle ao play! Aos micrófonos Estela, Sara e Artiom, alumnado de 2ESO C.

    Podes consutar máis información e a web do podcast na páxina do iesmendinho.

    CRÉDITOS:
    • Sintonía:The following music was used for this media project:
      • Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
        Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
        License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
        Artist website: https://incompetech.com
    12 min
  • As bandas sonoras dos Óscar 2024
    A entrega dos Óscar sempre é unha boa excusa para investigar sobre os xéneros cinematográficos máis exitosos na taquilla, e as bandas sonoras que as acompañan. Neste curso, o alumnado de 4º de ESO de Música fixo as súas quinielas sobre as candidaturas presentadas e elexiron as que lle resultaron máis interesantes tanto no aspecto cinematográfico como musical.
    BARBIE
    A  canción composta pola archicoñecida Billie Eillish, comeza cunha reflexión da protagonista, que está nunha marea de dúbidas  sobre a súa existencia, pois está en conflicto coa súa identidade. Barbie ilustra o cansancio de moitas mulleres ante a sociedade  e o  machismo estrutural. O miolo do significado de What Was I Made For?  é sobre madurar, redescubrirse e ter coraxe  para amosar a súa nova identidade aos demáis. Esta canción orixinal recibiu o premio á mellor Canción Orixinal nos Óscar 2024. Un podcast comentado por Javier Gil e Daniela Iglesias de 4º ESO A.   OPPENHEIMER
    A trama deste film céntrase na biografía de J. Robert Oppenheimer, considerado como o “pai da bomba atómica” e que marca o comezo da era das armas nucleares durante a Segunda Guerra Mundial.  O creador desta banda sonora Ludwig Göransson, asocia a personalidade de Oppenheimer, nerviosa e emocional, coa tensión sonora do violín. Ao longo deste podcast, Raúl Castro e Hugo Castellano de 4º ESO A, nos comentarán aspectos de interese sobre o proceso creativo desta partitura escénica que foi galardoada neste 2024 co Óscar á mellor Banda Sonora.   WHAZHAZHE ( Os asasinos da lúa)
    Mateo González de 4º ESO B, trasládanos a unha epopeia sobre a codicia, a violencia e o racismo situada na nación Osage, no estado de Oklahoma. O argumento está basado na historia real dos seus habitantes, que se enriquecen tras atopar petróleo, e dos brancos sen escrúpulos que tentan arrebatarllo. A análise musical que Mateo fai desta banda sonora nos fai entender moito mellor a música tribal de voz e percusión, e o seu significado.


    Podes consutar máis información e a web do podcast na páxina do iesmendinho.

    CRÉDITOS:
    • Sintonía:The following music was used for this media project:
      • Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
        Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
        License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
        Artist website: https://incompetech.com
    19 min
  • Entrevista a Antía Martínez Lago, alumna do IES Mendiño
    Remata un novo curso e rematamos a actividade de RQR, a radio do IES Mendiño, cunha entrevista á alumna co mellor expediente deste ano: un 13,3 sobre 14. Unha mostra de esforzo académico e compromiso coa lingua e a cultura galega.
    Motos parabéns Antía Martínez Lago e moitos éxitos na túa carreira de Medicina.

    Podes consutar máis información e a web do podcast na páxina do iesmendinho.

    CRÉDITOS:
    • Sintonía:The following music was used for this media project:
      • Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
        Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
        License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
        Artist website: https://incompetech.com
    7 min
  • Entrevistamos a Brais Morán
    No programa de hoxe entrevistamos a Brais Morán, alma Mater de grupos de música funk e disco como Loretta Martin ou banda da que gozamos hoxe un concerto agasallo pola participación na "Semaniña enteira": Brais Morán e Nasaufunk. Falamos con el da música galega, pasada, presente e futura. A entrevista foi elaborada polo alumnado de 1ESO e locutada por Pablo e Mía. Agardamos que vos guste.

    Podes consutar máis información e a web do podcast na páxina do iesmendinho.

    CRÉDITOS:
    • Funk Salvaxe,  Brais Morán & NASAUFUNK, a banda que encabeza o noso entrevistado.
    • Sintonía:The following music was used for this media project:
      • Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
        Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
        License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
        Artist website: https://incompetech.com
    12 min
  • Entrevista a Gabriel Fuentes
    Neste novo programa entrevistamos a Gabri Fuentes Míguez. Un exalumno do Mendiño, que hoxe é un dos comunicadores mais importantes do país: guionista e editor do Dígocho eu! (entre outros).
    Gabri veu moderar unha charla (en formato podcast) sobre saúde cardiovascular que organizou o Departamento de Bioloxía e a Unidade de Cultura Científica da UVigo, co gallo da celebración do Día Mundial da Saúde. E aproveitamos para falar con el das súas múltiples facetas profesionais.
    A entrevista foi elaborada polo equipo da radio, locutada pola profe de galego Olga, apoiada polo alumnado de 2BacB.

    Podes consutar máis información e a web do podcast na páxina do iesmendinho.

    CRÉDITOS:
    • Outono, do grupo Acouga, do que o noso entrevistado forma parte.
    • Sintonía:The following music was used for this media project:
      • Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
        Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
        License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
        Artist website: https://incompetech.com
    23 min
  • O Festival Internacional de Títeres de Redondela. Entrevista a Luís Crespo.
    Esta semana visitounos no centro Luís Crespo, o director do Festival Internacional de Títeres de Redondela. Veu deixar información do festival e aproveitamos para falar con el sobre esta edición especial, xa que o Festival celebra o seu 25 aniversario. Contounos do pasado, do presente, do futuro, e deixounos algunhas novidades. Podedes escoitalas aquí. Nos micrófonos Carlota e Pedro, alumnado de 4º PDC, que foi o grupo que elaborou a entrevista, coa axuda da profesora do Ámbito Comunicativo. 
    Podes acceder a toda a información e o resto de contidos na nosa web: https://iesmendinho.com


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    13 min

About Cercaronme as ondas

From the publisher's feed

O día a día sonoro do IES Mendiño: actividades, proxectos e todo o que interese a quen se achegue aos micros de RQR, a radio do IES Mendiño.