Ciencia 5 by Arradio

Ciencia 5 S05E08


Listen Later

«Wikipedia» Rosalind Franklin, nada en Londres o 25 de xullo de 1920 e finada na mesma cidade o 16 de abril de 1958, foi unha bióloga inglesa.
Dedicouse á bioloxía molecular e colaborou no descubrimento do ADN tras doutorarse en química-física na Universidade de Cambridge no 1945. Aprendeu técnicas de difracción de raios X durante unha estadía de tres anos en París, no Laboratorio Central dos Servizos Químicos do Estado, tras o que se converteu en investigadora asociada no King's College de Londres. Sen o seu coñecemento, outro investigador asociado do centro, M. Wilkins, amosou a James D. Watson algunha fotografía de difracción de raios X de ADN tomada por ela, quen, en contacto con Francis Crick, tivo éxito en determinar posteriormente a estrutura da molécula. No mesmo número de Nature no que se publicou o artigo crucial de Watson e Crick publicouse tamén outro de Wilkins e Franklin sobre o soporte de datos da difracción de raios X. Os tres primeiros foron galardoados co Premio Nobel de Medicina en 1962.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Ciencia 5 by ArradioBy feqlpm