[Wikipedia] O Apolo 11 foi unha misión espacial tripulada dos Estados Unidos cuxo obxectivo era conseguir que un ser humano camiñase na superficie da Lúa. A misión foi enviada ao espazo o 16 de xullo de 1969, alcanzou a superficie da lúa o 20 de xullo dese mesmo ano e ao día seguinte conseguiu que dous astronautas (Armstrong e Aldrin) saísen á superficie lunar. O Apollo 11 foi propulsado por un foguete Saturn V da plataforma LC 39A e lanzado ás 13: 32h UTC desde o complexo de Cape Kennedy en Florida (EUA). A misión foi coñecida oficialmente como AS-506. A misión está considerada como un dos momentos máis significativos da historia da Humanidade e a Tecnoloxía. Ou non?