[Wikipedia] Os Premios Nobel foron instituídos por Alfred Nobel, un industrial sueco, inventor da nitroglicerina. Son atribuídos anualmente no día 10 de decembro, aniversario da morte de Alfred Nobel, ás persoas que fixeron investigacións importantes, inventaron técnicas pioneiras, ou deron contribucións destacadas á sociedade.
Inicialmente eran concedidos pola Fundación Nobel, cos cartos cedidos por Alfred Nobel. Son propostas por institucións nacionais e internacionais e outorgados pola Real Academina Sueca correspondente.
As Matemáticas non dispoñen dun premio correspondente, polo que foi creado o Premio Abel en Noruega como correspondente ós Premios Nobel.
Alfred Nobel ficou sorprendido ao ver a edición dun xornal que falaba da morte do seu irmán como sendo a súa, e inventou unha forma de lembrarse. Creou premios para que fosen concedidos a aqueles que serviron ao ben da Humanidade, máis propiamente a aqueles que proporcionaron á Humanidade beneficios no campo da física, química, fisioloxía ou medicina, literatura e paz. Nobel nunca creou un premio para Economía, aínda que moitos economistas famosos afirman ter recibido o Nobel de Economía.