Sign up to save your podcasts
Or
O balance de xestión e promesas no Parlamento Galego non foi tan ameno como o Estilo Galicia da semana pasada na Cidade da Cultura, pero tamén nos deu que falar. O presidente Alfonso Rueda está decidido a marcar paquete político propio e pedir permisos as competencias de dar permisos para todo: para Altri, para plantar eucaliptos, para construír no litoral… De doce anos de seca de traspasos a media ducia en tres anos. Como din os charlatáns das feiras «Venga, que nos las quitan de las manos!». Mentres, aló en Roma tamén hai debate, pero para ver a quen poñen no trono de Francisco Bergoglio. Un filipino? Un húngaro? Un ghanés? Fariamos apostas pero a cousa está máis difícil que cando na quiniela poñen partidos da calcio de Italia.