Á beira do río Lérez, na Boa Vila, entran na conta atrás para os 3 días da festa da cutura galega. Con Xosé Aldea, director do Culturgal, descubrimos o que hai no ámbito cultural en Galicia.
E aí, Tanxugueiras van andar presentando o seu segundo disco "Contrapunto". Conversamos con Sabela, unha das voces doces deste poderoso trío.
E outro faro que se presenta tamén no Culturgal: "Nós Diario" en papel. Novas sobre Galicia, as que non saen na axenda doutros medios, e en galego. Conversamos con María Obelleiros, directora da edición dixital.