Raquel Touriño comentounos das distintas actividades para esta fin de semana en Cotobade entre as que destacan unha conferencia de Xosé Fortes Bouzán sobre a historia do municipio, que terá lugar este venres ás 20 horas no Consistorio, e un roteiro histórico que se celebrará o sábado, a partir das 10, e que terá como obxectivo coñecer os feitos que protagonizaron os veciños de Cotobade, Terra do Canón de Pau, durante a Guerra da Independencia.