A NOITE É NECESARIA #228 (T6E15), emisión do domingo 13 de decembro de 2020 en "Con voz" de Radiovoz, programa conducido por María Meizoso (sábados e domingos de 10 a 14h; a sección astronómica soa os domingos arredor das 12:15). Falamos, a conta do libro "Breve historia da escravitude", editado por Kalandraka (https://www.kalandraka.com/https://www.kalandraka.com/breve-historia-da-escravitude.html), de como o coñecemento das estrelas axudou a que puideran fuxir moitos escravos e escravas das plantacións. Máis información, aquí: http://actodeprimavera.blogspot.com/2020/12/sigue-o-carro-da-osa-maior.html