Espacio e voz para os mais cativos.
Coa súa imaxinación imos voar ata os mundos dos monstruos, dos dinosaurios e dos superheroes!!! Baixan os rapaces da ludo ata o currunchiño da radio… o pasan de ben cada vez que veñen!!!
Que conecta mais a vós ouvintes co mundo da infancia: os monstruos ou os dinosaurios?
Tamén imos ver como celebran os cumples. Aqueles bocadillos de Nocilla con pan Bimbo, beber Fanta por unha palliña… e sair xogar polos campos de millo ó currillo pouco teñen que ver con como o celebran os rapaces que hoxe teñen 5-6 anos.
E da infancia, para a adolescencia, cando se van perfilando algúns dos nosos hobbies. Por exemplo, patinar. Conversamos coas rapazas do Clube de Patinaxe de Valladares que foron ós campionatos galegos: Noe (benxamín), Anahí (junior) e Nerea e Leire (cadetes).