Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Desiree Duarte Castro, unha xoven ciclista que acaba de proclamarse esta fin de semana campiona de España de Enduro. Desiree foi felicitada e comentou que o seu seguinte obxectivo era facer un bo papel nos campionatos de ciclocross que están a piques de comezar.