Sign up to save your podcasts
Or
Os milagres do podcast. Nada máis gravar o episodio desta semana, no que o equipo falante habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– se estrañaban de que na pedrea (nunca mellor dito) da investidura a Galicia non lle tocase nada, e cando acababan de escribir cada un a súa carta para os Magos de Oriente das transferencias (para as princesas herdeiras non, que xestionan aínda menos que os reis), a actualidade ataca arteiramente e comunica que Pedro Sánchez e Néstor Rego (ergo: PSOE e BNG) veñen de acordar o voto positivo dos nacionalistas galegos para que o Goberno máis progresista da historia de España recunque. A cambio de que? Pois dunhas rebaixas nas autoestradas, e din que unha rifa para un xamón aló polo Nadal. Sen ser moita sorpresa, menos é nada. E desde logo é máis do que acadaron os outros deputados galegos dos outros partidos, que non moveron nin unha pestana para pillar algo na rebatiña.