Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

All Efervesciencia episodes

  • Efer 398 (21-5-17): O espiñento
    Coñecemos ao espiñento, un pequeno peixe de auga doce polo que teñen especial predilección os investigadores. Marta Vila (UDC) e Carlos Fernández (USC) veñen de participar nunha publicación en PLOS ONE na que se estudan as poboacións ibéricas deste peixe.
    O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo CIQUS. Conversamos con este químico especialista en catálise que algúns consideran que ten méritos abondos para optar ao Nóbel.
    Na IV edición da sección "Ciencia e Cinema" Martin Pawley danos a coñecer a obra experimental de Brakhage e a súa relación co gran físico Gamow.
    59 min
  • Efer 397 (14-5-17): Volven os fagos
    A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos.
    En "Ciencia para andar por casa" Bibiana García Visos explícanos o funcionamento dos test de embarazo.
    Con Borja Tosar repasamos os descubrimentos da sonda Cassini na súa viaxe a Saturno.
    59 min
  • Guia do ceo maio 16
    Viaxamos ao ceo nocturno cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley desde o Dïa da Ciencia na Rúa 2017 no parque de Santa Margarita na Coruña. Presentamos o foro galego-portugués "Calidade da noite".
    16 min
  • Efer 396 (7-5-17): A importancia do teu reloxo biolóxico
    Todos temos un sistema cronobiolóxico que anticipa e sincroniza os diferentes procesos biolóxicos que ocorren no noso corpo. Un reloxo central no hipotálamo marca ritmos de algo mais de 24 horas, polo que se ten que recalibrar empregando fundamentalmente os ciclos de luz do sol. Pero, que pasa cando se perde a sincronía? Como lle afecta o traballa en quendas? É útil a melatonina? Conversamos coa investigadora do laboratorio de cronobioloxía da Universidade de Murcia Ángeles Rol.
    Viaxamos ao ceo nocturno cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley desde o Dïa da Ciencia na Rúa 2017 no parque de Santa Margarita na Coruña.
    Coñecemos aos gañadores do concurso de "Tuinguels"
    59 min
  • Nanocosmos : Astrofísica e nanotecnoloxía aliadas para debullar a poira estelar
    Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de euros o proxecto NANOCOSMOS, "gas e po estalar ao laboratorio", que vai ser o protagonista do noso tempo de parolada. Contamos cos profesores de investigación do ICMM-CSIC José Cernicharo e José Ángel Martín Gago.
    27 min
  • Efer 395 (30-4-17): A factoría de po interestelar
    Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de euros o proxecto NANOCOSMOS, "gas e po estalar ao laboratorio", que vai ser o protagonista do noso tempo de parolada. Contamos cos profesores de investigación do ICMM-CSIC José Cernicharo e José Ángel Martín Gago.
    Fátima Jardón preséntanos a Convención Internacional da Asociación Española de Papirolexía que ten lugar en Santiago.
    Con Deborah García Bello descubrimos o azucre aparentemente oculto dos alimento.
    Mercedes Novo invítanos a unha nova edición do Campus de Verán Xuvenciencia.
    59 min
  • Cacharreando tecnoloxía musical en APETEGA
    Achégamonos as 16 Xornadas de Tecnoloxía de Apetega en Verín. Desde o IES Xesús Taboada Chivite conversamos con Daniel Pizarro e Maia sobre os usos educativos do Minecraft, de tecnoloxía musical DIY con Mateo Mena, e sobre a tecnoloxía nas aulas con César Sánchez.
    38 min