Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 758 (13-9-26): O mapa non é o territorio
    (5:13) Conversamos con Antón Baleato, cosmólogo que se incorpora ao IGFAE cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, para investigar con novas metodoloxías a expansión acelerada do universo.
    (17:19) Un mapa nunca é o territorio: nesta edición poñemos a proba os límites dos mapamundis e descubrimos por que, ao atravesar o bordo sur, non viaxamos como no Pac-Man. Miguel García Álvarez (Mapas Milhaud) danos o contexto para entender a moción da ONU que aprobou, cun só voto en contra, a recomendación de uso de proxeccións equivalentes, como Equal Earth, para representar a terra en ámbitos educativos e de comunicación.
    (45:48) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez.
    (47:16) A nosa sexóloga Laura Veiga desmonta o mito dos exercicios de Kegel universais e responde por que pode atrasarse a regra sen embarazo. A nosa web oficial http://www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr
  • Efer 757 (6-9-26): Estatística para navegar a incerteza
    Versión estendida. Asistimos ao 42 Congreso da SEIO (Sociedade de Estatística, Investigación de Operacións e Ciencia de Datos) celebrado en Santiago. (3:13) Lola Martínez Miranda, presidenta da SEIO e catedrática da Universidade de Granada, e Mercedes Conde, investigadora do CITMAga e coordinadora do Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos da USC, explican como estas disciplinas axudan a decidir nun contexto de incerteza.
    (15:51) Julio González Díaz, catedrático da USC, e Alberto Torrejón Valenzuela, investigador do IMUS da Universidade de Sevilla, explican como a optimización pode equilibrar eficiencia e equidade en rutas, redes enerxéticas ou distribución de recursos.
    (41:11) Efeméride do 6 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez.
    (46:23) Anabel Forte @bayesana.bsky.social (Universidade de Valencia) explica como a estatística bayesiana estivo relegada durante dous séculos, pero agora é unha ferramenta fundamental. Carmen Minuesa (Universidade de Estremadura) estuda procesos de ramificación para modelizar poboacións, epidemias ou células.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 1 min
  • Efer 756 (13-7-26): Pioneira do láser: Betty León
    (2:32) De que nos protexe realmente unha crema solar? A nosa científicia máis caseira, Bibiana García Visos, explica como evitar queimaduras e reducir o risco de melanoma.
    (13:58) Coñecemos a Betty León, pioneira da física aplicada e do láser en Galicia, nunha nova entrega de Voces da Ciencia. A súa traxectoria abrangue a investigación con láseres, os biomateriais para implantes e a conservación do patrimonio pétreo.
    (37:07) A eclipse total de Sol do 12 de agosto permitirá observar Mercurio, Xúpiter, Venus e estrelas que normalmente permanecen ocultas pola luz diúrna. Nolo conta Xabier Pérez Couto na Guía do Ceo de Verán.
    (50:38) Eva Cabanelas presenta a quinta edición de Ciencia Calidade, o concurso de monólogos científicos que celebrará a súa final en Ourense o 7 de novembro.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    55 min
  • Efer 755 (28-6-26): 25 anos do CETMAR
    Desprazámonos a Vigo para celebrar os 25 anos do CETMAR, o Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo. (2:23) A súa directora, Rosa Chapela, cóntanos como naceu esta fundación pública para ser ponte entre a ciencia, a administración e o sector marítimo. Desde a explanada do CETMAR, Rosa Fernández e Mariña Guizán explícannos os proxectos Redux e Cibrina, centrados en reducir as capturas accidentais de especies ameazadas na pesca.
    (19:42) Clara Almécija desafía a Manuel Vicente a imitar os sons dos arroaces nun karaoke baseado nos datos reais do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia.
    (25:49) Paul Fontanet e Anxo Mena falan de planificación espacial marítima, da plataforma EMODnet e do cultivo experimental da ostra rizada en Galicia.
    (38:38) Ignacio González presenta a regata solar radiocontrolada para centros educativos, onde o alumnado constrúe barcos impulsados só con enerxía solar.
    (38:00) Lucía Fraga e Silvia Torres pechan o percorrido falando da escola Aixola, da batea monitorizada para o mexillón e do observatorio costeiro con sensores en tempo real.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 754 (26-6-26): En Sálvora os ovos de gaivota escoitan ós seus pais
    Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN en Xenebra. Conversamos co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez (2:20) e con Carlos Salgado (11:01), director do IGFAE, sobre a consulta previa ao mercado para fabricar as celas de curvatura de arco, un elemento clave do futuro acelerador de 91 quilómetros de circunferencia.
    (23:27) O Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez lembra a primeira lectura dun código de barras.
    (25:02) O noso paxareiro Nacho Munilla conversa co catedrático de Zooloxía da Universidade de Vigo Alberto Velando. Comentan un curioso estudo sobre se pintar ollos en tupper pode evitar que as gaivotas rouben a comida. Velando leva décadas estudando as gaivotas de Sálvora. O seu último traballo relaciona a saúde xenómica das gaivotas (medida a través dos telómeros) coa súa dispersión xuvenil. Nun traballo previo atoparan que os embrións de gaivota escoitan desde o ovo as conversas dos seus pais e modifican o seu desenvolvemento en resposta a elas.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 753 (25-6-26): Medea no observatorio de Cotobade
    Cos amigos de AMIPA e a asociación Sirio celebramos a XII Noite Efervescente. E deste xeito, no observatorio astronómico de Cotobade atrevémonos representar Medea de Séneca, nunha adaptación de radioteatro a partir da recente tradución ao galego de Fernando Domènech editada por Rinoceronte. Medea está chea de referencias astronómicas que nos contextualizan o propio Domènech e Estíbaliz Espinosa, quen tamén puxo voz a Medea e cantou acompañada do piano de Juanjo Fernández. Completan o elenco de voces César Goldi e Vicky Pérez.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 2 min
  • Efer 752 (24-6-26): Da Galicia conxelada ao futuro da costa con Augusto Pérez Alberti
    (1:58) Coñecemos o proxecto educativo Alerta Verde, un videoxogo desenvolvido no CINTECX da Universidade de Vigo para achegar as enerxías renovables e a economía circular ao alumnado
    (8:37) Como sería Galicia cuberta de xeo hai máis de 40.000 anos? Nesta edición viaxamos ao pasado glaciar e ao futuro da nosa costa da man de Augusto Pérez Alberti, profesor emérito da USC e referente en xeografía física. Descubrimos como se reconstruíu a paisaxe das montañas e do litoral galego, desde glaciares de medio quilómetro de espesor ata a erosión acelerada que hoxe ameaza praias e infraestruturas. Pérez Alberti relata a súa traxectoria, as mudanzas tecnolóxicas na investigación e a súa experiencia na Antártida.
    (40:35) Víctor Tilve preséntanos o proxecto de ciencia cidadá Eclipse DSM para medir o brillo do ceo durante a eclipse do 12 de agosto.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic
    (2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a autoxestión nunha sociedade só de mulleres. (20:04) Viaxamos a Canadá para conversar con María Jesús González Reyán, investigadora no Lunenfeld-Tanenbaum Research Institute, que nos explica como a semaglutida mellora a saúde do fígado máis alá da perda de peso, abrindo novas vías para tratar a doenza hepática metabólica. (41:52) Con tristura lembramos ao noso colaborador e amigo Esteban Fernández Moreira, o noso domador do “Circo de Bacterias”, recuperando unha das súas primeiras intervencións sobre as sorprendentes estratexias sociais das bacterias.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa
    (3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento. (21:47) Jorge Hernández Urcera (IIM-CSIC) detalla a creación Acuiregal, que busca repoboar especies mariñas clave como o polbo ou a centola. Esta é unha unidade mixta de investigación entre o CSIC, Octolarve e o Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa. (30:21) O VIH xa non é o que era nos anos 80: grazas ao tratamento antirretroviral, unha persoa con carga viral indetectable non transmite o virus, mesmo sen métodos de barreira. Conversamos con Eva Poveda (Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) sobre o proxecto VIH Ciencia Aberta, que combate o estigma e a desinformación a través de obradoiros, cómics e o podcast VIH Experts. (42:12) Laura Veiga aborda a relación entre ovulación e lesións deportivas, desmonta mitos sobre a masturbación e resolve dúbidas sobre anticonceptivos hormonais.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia
    A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia artificial e sensado avanzado.

    Conversamos con Carmen Cotelo (GAIN), que debulla os avances do actual plan galego de innovación 2025-2027 e a aposta por infraestruturas como a liña de comunicación cuántica Santiago-Vigo e a factoría europea de intelixencia artificial. Tamén contamos con Diego Andrade (CITIC-UDC), Andrés Gómez (CESGA), Gonzalo Blázquez (ITG), Josefina Alonso (DIHGIGAL), Diego Beltrán (Bahía Software), Luis Freire (Gradiant), Lucía Castro (Datalife DIH), Davide Rusca (Vigo Quantum Communication Center) e Cora Vinagre (FSAS).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 8 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…