Mary López glosou a figura de Rosa Parks, na sección PIONEIRAS, do programa EN FEMININO. Falou da importancia que tivo o seu xesto no seu día de rebelarse contra unha situación inxusta como era a política da segregación entre brancos e negros, o apartheid, que sufrían as minorías afroamericanas nos Estados Unidos.