Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, entrevistas...todo isto e moito máis cada tarde no programa Ensaiar é de Cobardes. Visítannos, Andrea Mosteiro, Ana Casal (4ECO Loan) e Carolina Rosende (Pikolo), para falarnos da iniciativa, "Na Estrada, en galego". Na sección de Ocionautas, Os Xoves dos Xoves, conversamos con Andrés Rivero, profesor de batukada e de percusión africana, compoñente de Latexo Percusión.